Serafín Neira recoñece que tanto o corpo técnico como o plantel do Unión Grove «podemos dar máis»

La Voz

OURENSE CIUDAD

16 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O adestrador do Unión Grove, Serafín Neira, asumíu onte a mensaxe da directiva do club meco, que a través do seu presidente, José Manuel Otero, Nel , lles esixíu ao corpo técnico e mais aos xogadores «que se poñan as pilas».

Nunha preocupante decimosétima praza, en posto virtual de descenso polo efecto fervenza que a día de hoxe provocaría a situación do Ourense na Segunda B, o Unión Grove engadía o domingo unha triste imaxe na súa visita a un rival directo pola permanencia como o Porriño. As palabras de Nel recollían o malestar dos responsables do club, e Neira semella comprendelas.

Neste senso, o preparador vigués manifestaba onte que «o presidente coñece a capacidade do corpo técnico do equipo e do seu plantel, e sabe que podemos dar un pouco máis» para saír da crise clasificatoria que vive o Unión Grove.

Iso si, Neira segue a defender o mesmo discurso que mantén desde comezos de Liga, sostendo que o seu conxunto «vai quedar vén na clasificación final da Liga». Para o adestrador, «a partir da sexta xornada non se lle pode reporchar nada o equipo. Quitando os cinco primeiros partidos (nos que o U. Grove encaixou catro derrotas por unha única victoria), os nosos números posteriores faríannos estar cómodos na táboa», con catro trunfos, seis empates e cinco derrotas para un total de 18 puntos de 45 posibles. É a partir da sexta xornada cando comeza a nosa marcha regular», ata entón mediatizada polos problemas dalgúns xogadores para poderse adestrar ás ordes de Neira.

Respecto á pobre imaxe ofrecida en Porriño, Serafín recoñece o obvio, pero lembra que «todos somos humanos, e tamén nos podemos trabucar».

Xuntanza directiva-plantel

Pola súa banda, a directiva do U. Grove ten previsto mañá sendas xuntanzas por separado co plantel e co corpo técnico «para pedirlles máis compromiso co club, para que entre todos tiremos para adiante». Nel negou que se lle vaia dar ultimátum ningún a Neira, porque «o fútbol hai que vivilo día a día» e o club non quere poñer nervioso a ninguén.