O Liceo pecha hoxe con música e curtas o seu certame audiovisual

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

As actividades se desenvolverán na casa de cultura de Vilagarcía desde as 18.00 horas Proxeccións, charlas a actuación do coro infantil pecharán a programación

10 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? Liceo Casino de Vilagarcía remata hoxe a programación de máis dun mes de actividades incluídas no seu certame audiovisual e faino cunha intensa oferta cultural e lúdica. A primeira das actividades será a estrea da da curtametraxe realizada polos 22 nenos que participaron no obradoiro de iniciación á curtametraxe, pequenos entre nove e doce anos que tiveron ocasión de achegarse ao mundo audiovisual. Será ás 18.00 horas, na casa de cultural. Unha hora despois é no mesmo escenario terá lugar a actuación do Coro infantil do Liceo Casino. Baixo a dirección do profesor Marco Lucato o coro interpretará como prato forte varias bandas sonoras das películas Los chicos del coro , Sonrisas y Lágrimas , Buenos días , Amarcord y Amadeus . Acompañando ao coro estarán os instrumentistas Paula Gago ao piano e Sergio Heréria Serraca, ao violín. O coro infantil está formado por 27 nenos con idades comprendidas entre seis e trece anos. Ás oito da tarde a cita volver estar co cinema. A organización do certame decidiu pechar a edición deste ano co pase das catro curtametraxes procedentes da comarca de Arousa presentadas a concurso. Ademais varios directores asistirán á casa da cultura para falar das súas curtas, entre eles, Enma Blanco, Ángel Alonso González e David Hernández.