La Voz de Galicia

«O CPI AS Revoltas, en folga contra a Lomce»

Carballo

El alumnado del centro cabanés emitió un comunicado. Este es el textro íntegro de los estudiantes

17 Feb 2017. Actualizado a las 05:00 h.

El alumnado del centro cabanés emitió un comunicado. Este es el texto íntegro: 

«O alumnado de terceiro e cuarto de Secundaria do CPI As Revoltas apoia a folga convocada para este xoves 16 de febreiro, xa que non ve suficientes os cambios realizados na actual lei educativa (a LOMCE) a pesar das constantes mobilizacións na súa contra. Por isto vemos preciso protestar e esixir un cambio dende o Goberno para retirar esta lei ou modificala de xeito que a educación non sexa discriminatoria, onde só as persoas cunha determinada renda poidan estudar. Así mesmo, reivindicamos o dereito ás horas impartidas en galego, a nosa lingua materna que cada vez está perdendo máis falantes e que parece que ao actual Goberno non lle importa (e non só iso, senón que cada vez poñen menos materias nesta lingua).

Dende aquí tamén nos gustaría dicir que non é válido un ensino no que se pretende reducir os anos de estudo dos Graos facendo así que para conseguir un emprego e poder estudar o Mestrado se paguen dous anos deste, co prezo tan elevado da matrícula que é imposible de pagar para moitas familias. O 3+2 non é o futuro que o alumnado deste centro quere, non é o futuro que nós queremos. Nin as familias, nin o profesorado e moito menos o alumnado está a favor deste sistema que nos incita outra vez máis a unha vida onde os cartos son o poder, onde o ensino non está valorado como iso, senón como outro dos moitos artigos de luxo que tan só o diñeiro pode mercar.

E no CPI As Revoltas preguntámonos: é en realidade precisa esta lei? É necesario pagar dous anos de Mestrado cando en moitos casos a suor de toda unha vida de traballo case non chega para un? En que favorece a LOMCE aos cidadáns? Porque a maioría da poboación non é rica e non pode permitirse unha educación privada. Porque non é válido un sistema educativo onde se subvencionan centros privados mentres os centros de ensino público fican sen recursos».

Iria Rivera Dourado, alumna do CPI As Revoltas


Comentar