Coas cuotas, unir, non separar

Basilio Otero

A MARIÑA

20 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Estes días estamos asistindo a unha serie de reproches entre flotas e entidades representativas, polo reparto de cuotas que fai, ou vai a facer, a Secretaría General de Pesca a través de ordes de reparto que, para min, están completamente fora de lugar.

Quede claro que unha confraría de pescadores é «unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro,dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar,para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que lle sexan encomendadas, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representa os intereses económicos,sociais e corporativos dos profesionais?.», segundo o artigo 1º dos estatutos .

Vexo normal que algunhas confrarías defendan os intereses dos socios, sempre que se vexan perxudicados económica ou socialmente. Este anuncio de orde foi a gota que colmou o vaso porque despois de dúas ordes anteriores: merluza e cabala se une esta outra. Por eso se fai referencia a miles de unidades pesqueiras, non só está afectado un sector, están cinco: cerco, palangre de fondo, volanta, artes menores e arrastre. De todos modos, si en esta que dicen que van a publicar, se falara só de bacaladillacigala e gallo seguro que nada houbera pasado, debido a que son especies que non captura a flota de menos porte, e as dúas ordes anteriores están máis ou menos asumidas.

Na confraría de Burela temos a sorte de ter representados a practicamente todos os sectores extractivos: gran altura, altura, litoral, artes menores e incluso algo de marisqueo. Nunca dende a nosa cofradía, polo menos coa actual directiva, imos a defender un de estes sectores para poñelo en contra de outro.Ahora ben, si das 62 confrarías que hai en Galicia a maioría ten solo artes menores, a Federación Galega ten que facer o que opine a maioría. A confraría de Burela debe de respetar os acordos da maioría, aínda que non os comparta.

A reciprocipade entre entidades e organizacións debe de ir non só de norte a sur senón tamén de sur a norte. As organizacións son necesarias para defender os intereses dos seus asociados, coas aportacións dos mesmos e teorías desarrolladas para tal fin, e as entidades deben de defendelas co traballo práctico e a colaboración de todas as partes como estamos a facer dende a confraría.

De todos modos, non creo que sexa o momento de dividir senón de unir. Non é o momento, creo eu, de botarnos as culpas. A culpa é de un Goberno que non soubo, no seu momento, negociar en Bruselas os TACs que teñen que vir para España e a secretaría do Mar fai non unha senón tres ordes, dúas delas publicadas (merluza e cabala) e unha que ameaza con publicar, para pasarlle o problema a flota e as entidades encargadas de defendelas.O que estou dicindo demostrao o eito de que o ano pasado cambiase a Ministra de MARM e a Secretaría Xeral de Mar en plenas negociacións con UE, e este ano, con eleccións no día de hoxe, con un Goberno en funcións, outro tanto do mesmo.

Estou de acordo, todos somos mariñeiros e o noso traballo é pescar e defender as nosas empresas, non debemos de gastar ni unha soa liña para tirarnos os trastos a cabeza. Debemos de unir forzas e arrastre, palangre de fondo, volantas, cerco e artes menores remar en unha mesma dirección, pescar. É lamentable que con tantos millóns de parados ter que pedir que che deixen traballar.