In memorian dun educador

Roberto Rodríguez

A MARIÑA

02 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Opasado martes 27, despedimos no santuario de Vilaselán a Don Juan Suárez Acevedo, profesor de Historia -así figuraba baixo o seu nome na esquela-.

Fago mención a este aparentemente rutinario detalle que expresa a súa profesión, pois se algo ennobreceu a Don Juan ó longo da súa dilatada vida foi a súa labor educadora. Porque aproveitou a súa paixón pola Historia con maiusculas, tanto universal coma local, para con esa ferramenta ensinar e sobre todo educar a moitas xeracións de alumnos mariñáns que tivemos a sorte e honra de asistir ás súas clases no Instituto Laboral de Ribadeo, hoxe I.E.S. Gamallo Fierros.

Don Juan era culto, intelixente e sobre todo, boa persoa. Nas súas clases coñecimos de primeira man as correntes renovadoras educativas das que estaba impregnado. Intelectualmente formado á sombra do liberalismo krausista. Vocacionalmente educador, despertaba a nosa intelixencia baseandose nos principios da Institución Libre de Enseñanza e a pedagoxía, entre outros, de Giner de los Ríos.

Don Juán foi quen de sementar en nós a cultura como base dunha liberdade respetuosa con todolos ideais e crenzas.

Citei ó principio, non por casualidade, o santuario de Vilaselán xa que nel tamén o quince de setembro de mil novecentos noventa e sete despedimos outro ilustre e inesquecible mestre, Don Gregorio Sanz García, ?uno de tantos? como se autoproclamou nun fermoso libro autobiográfico.

Solía decir Don Gregorio: ?lo verdaderamente importante en nuestra bellísima profesión de educadores es seguir las pautas de Fray Ejemplo?.

Estas palabras sabias bulían no meu maxín o pasado martes pois Don Juan foi primeiro alumno de Don Gregorio e máis tarde amigo. Don Gregorio e Don Juan practicaron sempre as pautas de Fray Ejemplo, sendo exemplares e entrañables.

Sirvan estas verbas coma sentida homenaxe e agradecemento de un de tantos alumnos, hoxe profesor de Xeografia e Historia no mesmo instituto que nunca olvidará o importante que foron na súa formación e que o honraron coa súa amizade.