pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica O Incio no tempo do liño e a la

Artesáns e veciños recrean o traballo do tecido tradicional na segunda edición da Feira de Atnografía e Artesanía

Autor:
Carlos Cortés
Localidad:
monforte/la voz.
Fecha de publicación:

O Incio volveu onte aos tempos nos que os montes non estaban cheos de pinos, senón de centeo, trigo, cebada ou liño. A localidade celebrou a segunda edición da súa Feira da Etnografía e Artesanía. O certame estreouse o ano pasado cunha convocatoria adicada ao pan e á malla. Esta vez, o argumento central da festa eran os traballos do tecido tradicional con liño e la.

«A colaboración da xente foi extraordinaria outra vez», contaba onte na praza a concelleira María Gallego. A convocatoria está impulsada polo Concello, pero a participación de veciños e asociacións é fundamental. Igual que o ano pasado, a preparación da festa empezou na primavera coa plantación do liño nunha finca cedida por un veciño no lugar da Carralcova e incluíu todos os pasos previos que permiten transformar a planta de liño en tecido. E para todo iso, ademais de man de obra voluntaria foi precisa a participación dos veciños que teñen idade suficiente para recordar que son e como se utilizan ferramentas como os peites de ripar, as espadelas ou os mazos cos que se vai traballando a o liño desde a súa recollida.

Eses mesmos maiores foron tamén os protagonistas da festa, porque dirixiron, vestidos como os labregos de hai un século, as demostracións das distintas fases do traballo co liño e coa la que se puideron ver onte durante toda a mañá. As exhibicións fixéronse na parte baixa da vila, ao tempo que na praza máis de trinta postos mostraban todo tipo de produtos artesáns, entre a música dun grupo de gaiteiros e a actuación don cego como os que en tempos cantaban coplas polas feiras. Á festa acudieron centos de persoas do Incio e de localidades próximas, entre eles o vicepresidente da Deputación, Antón Bao.

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica O Incio no tempo do liño e a la

Artesáns e veciños recrean o traballo do tecido tradicional na segunda edición da Feira de Atnografía e Artesanía

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O Incio no tempo do liño e a la
Unha muller espadela un feixe de liño nunha das demostracións que s puideron ver onte no Incio
Autor de la imagen: | ALBERTO LÓPEZ
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.