O responsable da OMIC de Ribadeo alédase de que os consumidores cada vez defendan máis os seus dereitos
Na xornada de onde celebrouse o Día Mundial do Consumidor, no que se pretendeu facer un chamamento para que as persoas consuman de maneira intelixente, solidaria e responsable. Do mesmo xeito, esta xornada é aproveitada para reivindicar os dereitos dos consumidores, unha faceta que coñece moi ben Alberto Moledo, responsable da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Ribadeo .
-¿A xente está máis concienciada dos seus dereitos como consumidor?
-Si, afortunadamente cada vez son máis os que se deciden acudir a informarse e a denunciar cando cren que os seus dereitos non foron respectados. Levo catorce anos traballando no Concello e ao principio ninguén reclamaba, pero agora cada vez son máis os que o fan, sobre todo os máis xoves. É importante que se instale na sociedade a mentalidade de reclamar, xa que antigamente todo o mundo pensaba que non ía conseguir nada e, directamente, non o facían.
-¿As reclamacións soen chegar a bo porto?
-Cando son fundamentadas e as empresas denunciadas cometeron un erro ou non fixeron ben o seu traballo, aos consumidores dáselles a razón. Ademais, é importante salientar que cando a unha persoa lle asiste esta razón, as compañías soen devolver os cartos e arranxar o erro con moita rapidez.
-¿Cales son as empresas que reciben un maior número de denuncias?
-Neste momento a palma lévana as compañías de subministro eléctrico e as de telefonía, tanto fixa como móbil. Nos últimos tempos chegaron á nosa oficina múltiples casos de retrasos de hasta oito meses na entrega das facturas das eléctricas e nos cargos, que na maioría dos casos aparecen con importes moi elevados porque as eléctricas están incumprindo o contrato feito cos seus consumidores, xa que non len o contador senón que a maioría dos meses fan unha estimación inexacta. Coa crise inmobiliaria, as denuncias relativas á vivenda baixaron moito.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios