O alcalde de Foz, o socialista García Rivera, segue a pista dos cascallos trasladados ao polígono industrial de Fazouro que é de promoción privada; deu orde á policía local de que investigue o asunto.
No entanto, avanzou algúns datos novos. Un é que, tras contactar coa empresa que se encarga da pavimentación dos viarios do polígono industrial de Fazouro que é de promoción privada, comunicáronlle que o material en cuestión non procede de ningún castro nin se trata de restos arqueolóxicos, senón que provén dunha obra e estaban depositados nunha leira en Espiñeirido (Cervo), desde onde os trasladaron ao polígono para utilizalo para compactar, debaixo do pavimento.
Esta tese difire da do colectivo Mariñapatrimonio quen denunciou que os cincuenta camións de material trasladados desde Cervo ao polígono de Foz son restos arqueolóxico mesturados con area e iso é o que denunciou ante o Seprona e ante a Dirección Xeral de Patrimonio.
A Xunta, con quen finalmente puido contactar onte este xornal, non deu aínda explicacións sobre o asunto.
En breve os contactos recibirán en o seu correo electrónico un enlace á noticia
Grazas por usar os nosos servizos
Revise os seus datos e volva intentalo
Se se volve a producir un erro, é posible que o servizo está momentaneamente non dispoñible. Inténteo máis tarde.
Desculpe as molestias. Grazas por usar os nosos servizos