«A idea de formar o trío Scala foi a raíz das vodas, había bastante demanda»

Y. García

A MARIÑA

29 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A música sempre é un elemento que ensalza calquera evento. Con esta idea decidiron un día xuntarse tres compañeiros do Conservatorio de Música de Viveiro para formar o trío Scala que leva os sons clásicos onde llo pidan: vodas, cerimonias, entregas de premios, eventos culturais, citas como a do Mercado Renacentista... Forman Scala Montse Expósito (Viveiro, 1982), Juan Cabalar Filgueiras (Cabanas-Pontedeume) e Almudena Martínez Gálvez (Ortigueira). «O conxunto debe ter como tres ou catro anos. A idea foi a raíz das cerimonias, había bastante demanda e despois de aí xurdiron outras cousas novas», sinala Expósito. Tocan pezas de piano, violín ou viola (a veces con contrabaixo) e inclúen unha mezzosoprano.

-¿En que punto da traxectoria están agora mesmo como trío musical?

-Están saíndo bastantes cousas.

-¿Ofrecen un repertorio amplo?

-Si, si.. Sempre e cando se avise con tempo se poden facer cousas. Se nos avisan dun día para outro non hai marxe de manobra. Hai que montar as pezas e ensaiar moito.

-A verdade é que nunha voda este tipo de música aporta elegancia.

-Creo que si, aínda que hai gusto para todos. Nos teñen pedido Catro vellos mariñeiros pero iso non o facemos.

-¿Cal é o seu estilo?

-Dentro do clásico, dende música medieval ata o século XX. É a maneira de compoñela polo que se chama música clásica, pero non se trata de música pop, nin popular.