HILARIO MOLINER PIÑÓN Representante da Asociación Ecoloxista da Mariña de Lugo
Dende fai un ano está activa a Asociación Ecoloxista da Mariña de Lugo, cuxo representante é Hilario Moliner (Ourol, 1974). Actualmente conta cuns trinta socios. Se alguén está interesado neste colectivo, só ten que chamar ao 982 563 088.
-¿En que proxecto están agora?
-Sobre todo no sector gandeiro. Pretendemos que os que traballan no rural fagan prácticas máis ecolóxicas. Tamén empezaremos a facer campañas de cara o verán, por exemplo nas praias de recollida do lixo. Esta é unha zona turística e pretendemos abarcar todos os campos.
-Ademais de concienciar á poboación, é necesario tamén que as administracións se mollen máis...
-Si, por exemplo no tema da recollida do lixo, as administracións públicas, os concellos, creo que se podía mellorar na recollida do lixo. Tamén queremos chegar ao turismo, ao sector comercial.
-¿Cre que falta máis conciencia ecolóxica na costa lucense?
-Os mariñáns está máis concienciados do que estaban hai catro ou cinco anos, sobre todo cando falamos do cambio climático. Vén que chove menos do que chovía. Eu lembro que en Viveiro había constantes enchentes e máis grandes, lembro que había máis troitas nos ríos... O tema do cambio climático é máis serio do que parece. Hai moito eucalipto tamén. Outras especies como carballos ou castaños teñen moita influenza no entorno en cuestión medioambiental.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios