pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.amarina
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | josé maría garcía rivera alcalde de foz «Vexo á oenegé fóra do asilo, pero teño un plan preparado para actuar»

O rexedor focense ve crucial a reunión que hoxe celebra o patronato da entidade focense, onde se falará do futuro do centro actual e da nova residencia

Autor:
I. Eiroá
Fecha de publicación:

Esta mañá celébrase no asilo de Foz unha importante reunión do patronato que está á fronte desta institución. Tiñan previsto que asistira á mesma o Padre Ángel, responsable máximo da oenegé Edad de Oro Mensajeros de la Paz, que atende o centro e que anunciou a posibilidade de deixalo este verán si non se arranxaban certos problemas, basicamente, ocorre que a residencia non conta coas acudas da Xunta ó non reunir as condicións que esixe a normativa debido á antigüidade do edificio. Finalmente, pois, por razóns de axenda, o Padre Ángel non acudirá hoxe, pero o encontro do patronato vaise facer igual, según confirmou o alcalde de Foz e membro do patronato, Xosé María García Rivera.

-¿Aínda que non asista o representante de Mensajeros de la Paz vaise falar igual este asunto?

-Onte falei co Padre Ángel, que pideu desculpas porque ten que acudir a un acto, creo que en Bos Aires; como quere estar el persoalmente para tratar o tema, vaise trasladar a reunión con el para a vindeira semana, aínda que hoxe os membros do patronato vamos reunirnos igual para analizar en profundidade a situación do asilo, conocedores de que posiblemente se marchen, e dilucidar a posición acerca da cesión de terreos para a nova residencia. Hai que recordar que estamos dentro do prazo que se dera para a reunión con Mensajeros, que xa dixemos que se faría no mes de outubro, como así vai ser.

-Parece que vostede ten datos sobre o asunto ¿Cree entón que a oenegé se vai de Foz?

-Eu vexo á oenegé fóra do asilo, de feito xa habían posto data para cando querían denunciar a contrata que, nun principio era por trinta anos. Eu xa dixen que si se marchan non vai pasar nada. Teño un plan preparado para actuar si o deixan, do que hoxe vou informar ó patronato. Que teñan todos por seguro de que poderán parar moitas actividades do Concello, pero o asilo non vai parar, é a nosa historia. Onde non chegue o patronato, estará o Concello. Mañá _por hoxe_ é un día crucial, pero digan o que digan iso sigue aberto, aínda que teña que ir eu durmir alí catro días; me está parando a xente pola calle, dicíndome de que si hai que botar unha man están aí para axudar. Non sei que vai facer Vicepresidencia, debería caerlle a cara de vergoña, estar na Xunta é máis que inaugurar e cortar cintas; a min en materia social naide me conoce e naide me ten que autorizar nada, nin o BNG nin naide, sei onde podo chegar. A onde non chegue o patronato estará o Concello, enviando recursos que sexan necesarios.

-¿E o persoal de Mensajeros que traballa no asilo, o asumiría o Concello, si se marcha Mensajeros?

-Os obreiros non nos competen a nós, compétenlle a Mensajeros.

-Refírese ó Bloque e parece que con certo enfado.

-Si. O que dixeron de onde foi parar o diñeiro ¡Qué equivocados están! Vou pedir autorización para informar ó pleno de todo...Aquí temos pensións de 200 e 300 euros, aténdese a xente moi desfavorecida, hai que darlles de comer, durmir e tramitarlles as pensións na Xunta...O informe vai ser demoledor, hai aportacións veciñais, moitas delas son anónimas, que si non fora por elas estariamos en bancarrota.

-¿Tratarán tamén hoxe sobre a cesión dos terreos que solicita Vicepresidencia para construír a nova residencia?

-Tamén. Mañá _por hoxe_ é un día crucial, vaise tomar o acordo de si se ceden os terreos para a residencia que a Xunta dice que quere facer. Eu estou no patronato e digo si á cesión e espero que todo o mundo secunde esa cesión, non contemplo outro panorama, sería nefasto e me consta que hai máis persoas que están de acordo coa cesión. Hoxe deberá decidirse iso.

-¿E si non hai acordo?

-Eu agardo que o haxa.

-¿Do plan non fala?

-Primeiro quero informar ó patronato.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | josé maría garcía rivera «Vexo á oenegé fóra do asilo, pero teño un plan preparado para actuar»

O rexedor focense ve crucial a reunión que hoxe celebra o patronato da entidade focense, onde se falará do futuro do centro actual e da nova residencia

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
García Rivera reitera de nuevo que el asilo no cerrará
Autor de la imagen: | XAIME F. RAMALLAL
García Rivera reitera de nuevo que el asilo no cerrará
Autor de la imagen: | XAIME F. RAMALLAL
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.amarina
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.amarina
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.