Lembranza dos esquecidos

MIGUEL A. FREIRE

A MARIÑA

FORO | O |

09 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

UN 15 de setembro fai xa 70 anos nas Voltas do Prado, da N-634 preto de Mondoñedo, foron atopados os corpos de cinco veciños de Ribadeo asesinados por milicias falanxistas da súa mesma vila e comandadas por Tito Cuervo. Os corpos pertencían a Enrique Navarret, mariñeiro; Bruno Martínez, «do barquilleiro», Santiago Fariñas, Antonio Martínez, «do Xordo», labrador; Atilano Torviso, muiñeiro, e unha sexta víctima, sofrindo feridas moi importantes, foi José Antonio Díaz, «o Crixo», obreiro e xogador de fútbol do Ribadeo, ó que os seus captores dan por morto, pero que deambula varios días pola parroquia de San Vicente, onde é axudado por algúns caritativos veciños. Cinco días despois foi vilmente rematado a tiros, fronte á antiga escola rural de Argomoso, hoxe refúxio de espeleoloxía. Sirvan estas liñas como pequena homenaxe, para que non sexan esquecidas e aprendamos todos.