A actuación do cuarteto Hymn To The Inmortal Wind estará precedida da de Joe McPhee & Chris Corsano como artistas convidados.
A banda xaponesa de rock Mono inaugurará unha nova edición da extensión do Festival Sinsal en Santiago co concerto que ofrecerá no Salón Teatro o vindeiro xoves 11 de marzo, a partir das 22.00 horas, despois de esgotar en apenas dous días todas as entradas dispoñibles para a venda anticipada.
A actuación do cuarteto -inserida dentro da xira internacional de presentación do seu quinto e último traballo discográfico, Hymn To The Inmortal Wind estará precedida da de Joe McPhee & Chris Corsano como artistas convidados. Saxofonista e percusionista, respectivamente, estes dous músicos asinan unha das colaboracións máis aplaudidas do free-jazz contemporáneo.
As últimas entradas reservadas para a venda no despacho de billetes do Salón Teatro poderán adquirirse o mesmo xoves a partir das 20.00 horas, establecéndose un límite máximo de dúas localidades por persoa. O seu prezo é de 10 euros, cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados.
Mono
Constitúe unha das formacións máis interesantes do panorama independente, ademais de estar considerada como unha das bandas de rock máis influentes da última década. Situado dentro do espectro do post-rock máis instrumental e narrativo, o grupo destaca por unha carreira moi estable en canto á calidade dos seus traballos. O seu particular son caracterízase polo uso da reverberación, a distorsión e o delay nas guitarras, e os seus directos destacan pola súa intensidade tanto no seu xeito de tocar como no seu dinamismo sobre o escenario.
Expoñentes do rock experimental
O estilo da banda está influído polo shoegaze (un tipo de música alternativa xurdido no Reino Unido a finais dos oitenta, que foi denominado así pola prensa debido ao xeito de tocar dalgúns músicos sempre mirando cara ao chan, sen facer contacto visual co seu público) e, especialmente, polo rock experimental, do que son un dos maiores expoñentes. A medida que a súa traxectoria avanza, a banda ábrese a novas sonoridades, incorporando arranxos orquestrais cada vez máis complexos e achegándose pouco a pouco ao minimalismo e á música contemporánea. Ademais, os seus in crescendo memorables sitúana preto do rock progresivo.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios