pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Sábado 13 | Ourense O folk de Anni B Sweet, no Teatro Principal

A Fundación Caixa Galicia quere achegar ao público galego algúns dos solistas e bandas máis frescos da escena independente.

Autor:
Redacción dixital
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 16:02 h

O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro sábado, día 13 de marzo, ás 20.30 horas, o concerto da cantautora Anni B Sweet, unha nova proposta dun ciclo, Vangardas Sonoras, co que a Fundación Caixa Galicia quere achegar ao público galego algúns dos solistas e bandas máis frescos da escena independente.

Cos billetes a un prezo único de dez euros (www.caixagalicia.es ou no teléfono 902 43 44 43), os afeccionados a estas novas correntes do pop poderán gozar das cancións incluídas no primeiro álbum da artista andaluza, Start, Restart, Undo (Subterfuge, 2009).

A carreira profesional de Anni B Sweet (Ana López, Málaga, 1988) comezou a tomar forma coa aterraxe en Madrid. Ao pouco de chegar á capital do Estado, a artista puido gravar unha maqueta con Brian Hunt (ex Russian Red, Templeton, Half Foot Outside) e Javier Doria (The Melocotons) e o resto, di a súa promoción, «veu só: éxito total en MySpace, vitoria no concurso de maquetas de Arindelle Records e máis EGO, número un das mellores maquetas de 2008 para a revista Mondo Sonoro, shows abarrotados, unha invitación para telonear a Antonio Vega e fichaxe estrela do FIB? sen disco aínda na rúa!».

Os doce temas do seu primeiro traballo son cancións «de aparencia sinxela pero con arranxos traballados, instrumentación riquísima e malabarismos sonoros», baixo a produción de Brian Hunt e coa reminiscencia dos seus artistas preferidos, segundo o seu Facebook, Beatles, Bob Dylan, Feist, Roy Orbison e Cat Power.

Este concerto enmárcase dentro do ciclo Vangardas Sonoras que a Fundación Caixa Galicia puxo en marcha, por cuarto ano consecutivo, co obxectivo de ofrecer as últimas e máis novas apostas da escena independente.

Os interesados nesta proposta terán unha nova oportunidade de gozar da mellor música americana noutro concerto do ciclo posto en marcha pola entidade financeira galega, o que ofrecerán na sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña These New Puritans, este xoves 11 de marzo.

 

ENVIAR NOTICIA  

Sábado 13 | Ourense O folk de Anni B Sweet, no Teatro Principal

A Fundación Caixa Galicia quere achegar ao público galego algúns dos solistas e bandas máis frescos da escena independente.

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O folk de Anni B Sweet, no Teatro Principal
 
Autor de la imagen: CEDIDA
 
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.