pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.ocioagenda
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

compostela| do 29 de maio ao 14 de xuño Roteiros de Creación, unha cita ca arte en Santiago

Nesta 3ª edición, como novidade, amplíase a participación do público a través de cursos, obradoiros e xornadas de crítica artística.

Autor:
Redacción dixital
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 18:02 h

O Roteiro de Creación, a cita anual que permite aos cidadáns transitar polos talleres de artistas, espazos expositivos e demais lugares de difusión das artes en Santiago de Compostela, celebrará a súa terceira edición do 29 de maio ao 14 de xuño.

Ademáis das visitas libres aos talleres, eixo vertebrador do Roteiro de Creación, esta nova edición irá acompañada dunha intensa programación que inclúe interesantes actividades para todos os públicos.

Os cursos e obradoiros precisan unha inscrición previa dirixidos a públicos diversos e para todas as idades: para adultos, familias, mocidade e, en especial, para os máis pequenos.

Este evento singular e de referencia, que establece un diálogo fecundo entre a cidade, as artes, os seus produtores e a cidadanía, a través das súas Xornadas de Portas Abertas e coa participación de máis de 50 creadores, ten unha nova cita co público de Santiago de Compostela, turistas e demais visitantes, para celebrar a súa 3ª edición.

O proxecto promove este evento artístico máis alá da participación de axentes tradicionais de validación e adquisición de prestixio no sistema artístico, favorecendo o diálogo con produtores de diferentes técnicas, xeracións e estéticas, consagrados e emerxentes, xa que esta pluralidade é un dos seus atractivos.

Roteiro de Creación conta cun equipo de traballo que concibe, planifica e coordina tódalas actividades estimulando a participación na creación e produción cultural, xa que conformar novos públicos e novos creadores revitaliza o feito artístico.

Nesta 3ª edición, como novidade, amplíase a participación do público con dúas propostas ben diferenciadas: a posibilidade de inscribirse para participar en numerosos e interesantes Cursos e obradoiros para nen@s e adultos o que aporta unha nova dimensión pedagóxica ao proxecto, e ademais, a de asistir ao Roteiro en Estado Crítico, unhas xornadas nas que artistas, deseñadores e outras persoas implicadas na produción e difusión da cultura, reuniranse para reflexionar e debater sobre as posibilidades do traballo creativo na sociedade actual en tempos de crise. Para isto contarase con representantes do ámbito creativo, de investigación e crítica, da educación, e de xestión cultural.

Unha vez máis e logo do éxito obtido na pasada edición, reeditarase a Operación Frechazo, convite para que o público poida valorar con corazóns nunhas «amorosas postais, a obra dos artistas visitados e cuxo premio consiste na xestión dunha exposición individual no Roteiro de Creación 2010 ao artista que máis corazonadas reciba e unha colectiva para os outros catro finalistas.

Para máis información pódese consultar a súa completa páxina web

 

ENVIAR NOTICIA  

compostela| do 29 de maio ao 14 de xuño Roteiros de Creación, unha cita ca arte en Santiago

Nesta 3ª edición, como novidade, amplíase a participación do público a través de cursos, obradoiros e xornadas de crítica artística.

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
 
Autor de la imagen: roteiros
 
Autor de la imagen: roteiro5
 
Autor de la imagen: roteiro3
 
Autor de la imagen: roteiro1
 
Autor de la imagen: roteiro2
 
Autor de la imagen: roteiro4
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ocioagenda
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ocioagenda
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ocioagenda
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ocioagenda
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.